12 jul 2011

O Auditorio cruceño porfin na rede.

O auditorio Xosé Casal pretende con este blogue ter a presenza axeitada na internet para chegar a un maior número de xente e poder mantelos informados de todas as actividades que se levan a cabo.

Dito auditorio recibe o seu nome na honra ao xa falecido trombonista cruceño Xosé Casal "Lito" e está sito na rúa Castelao, en Vila de Cruces.


As instalacións contan cunha sala multimedia, unha sala de usos múltiples e un auditorio, ademáis de outros espazos, e está dirixido polo tamén tenor Cesáreo Torres, quen promove actividades de todo tipo que poderedes descubrir neste blogue, así como imparte clases de canto.

Cesáreo Torres

Esperamos que atopedes a información que necesitedes e sexa un medio útil para todos vos.